Asociación Galega de Neurorrehabilitación
Unha asociación científica e profesional sen ánimo de lucro que agrupa a especialistas do eido sociosanitario en Galicia, coa vocación de mellorar a calidade de vida e a atención integral das persoas con dano cerebral adquirido (DCA) ou enfermidades neurodexenerativas.
Quen somos
AGANE (Asociación Galega de Neurorrehabilitación) é unha asociación científica e profesional sen ánimo de lucro que agrupa a especialistas do eido sociosanitario en Galicia.
Nace como un espazo de debate, formación e divulgación que conecte aos profesionais que traballamos neste campo, coa firme vocación de mellorar a calidade de vida e a atención integral das persoas con dano cerebral adquirido (DCA) ou enfermidades neurodexenerativas.
Xunta directiva

Presidente
Pablo Bouza Bernárdez
Fisioterapeuta
Vicepresidenta
Paula Campos Fernández
Fisioterapeuta
Secretaria
María Feijóo García
Fisioterapeuta
Tesoureiro
Alejandro Martínez Tejedor
Fisioterapeuta
Vogal
Adrián Dacal Rodríguez
Fisioterapeuta
Misión e visión
Misión
Crear un espazo común de debate, formación e divulgación que conecte aos profesionais do eido sociosanitario galego, para mellorar a calidade de vida e a atención integral das persoas con dano cerebral adquirido ou enfermidades neurodexenerativas, así como das súas familias e contornas de coidado.
Visión
Un modelo asistencial galego no que institucións públicas e tecido clínico privado camiñan da man, garantindo unha atención continuada, especializada e accesible en todo o territorio.
Valores
Cooperación público-privada
Cremos firmemente que a clave do éxito asistencial radica na colaboración entre as institucións e o tecido clínico, en beneficio da comunidade.
Rigor científico
O coñecemento actualizado e a práctica baseada na evidencia como base de toda intervención.
Transversalidade
Os nosos profesionais desenvolven o seu labor diario de forma transversal, tanto en entidades sociais e actividades públicas como en centros privados.
Atención integral
A persoa no centro, máis alá do diagnóstico: aspectos clínicos, funcionais, sociais e familiares.
Sen ánimo de lucro
Todo o esforzo revértese na comunidade profesional e nas persoas atendidas.
A quen nos diriximos
En primeiro lugar, aos profesionais. AGANE é, ante todo, un punto de encontro para os especialistas do eido sociosanitario que traballamos co dano cerebral adquirido e coas enfermidades neurodexenerativas en Galicia: profesionais de entidades sociais, do ámbito público e de centros privados.
De forma indirecta, o noso traballo repercute en:
- Persoas con dano cerebral adquirido (ictus, traumatismo craneoencefálico, anoxia, tumores, entre outras etioloxías).
- Persoas con enfermidades neurodexenerativas.
- Familias e persoas coidadoras.
- Entidades sociais, centros clínicos e administracións públicas.
Liñas de traballo
Debate
Un foro estable no que compartir experiencia, contrastar criterios e poñer en común os retos reais da práctica diaria.
Formación
Actualización científica continuada e intercambio de coñecemento entre profesionais.
Divulgación
Visibilizar a realidade do dano cerebral adquirido e das enfermidades neurodexenerativas en Galicia, dentro e fóra do sector.
Conexión
Tecer rede entre especialistas que traballan en contornas públicas, privadas e do terceiro sector, hoxe moitas veces illados entre si.
Cooperación institucional
Impulso de proxectos e alianzas entre o ámbito público e o privado.
Próximos eventos
Novembro 2026
14–15 nov.: II Xornadas NeuroConecta
II Xornadas NeuroConecta
Ciencia · Clínica · Comunidade
Sábado 14
- Ponencias maxistrais
- Casos clínicos
- Debate científico
- Xunta xeral
Socios gratuíto · Non socios 50 €
Domingo 15
- Obradoiros prácticos
- Formación intensiva con profesionais expertos
- 4 horas · Distintas especialidades
Socios 15 € · Non socios 20 €
Cota anual de socio: 40 €
Edición anterior

Así foi a I Xornadas NeuroConecta 2025, o encontro que deu orixe a esta cita anual.
Centros asociados
Atopa un centro de referencia preto de ti: centros vinculados a profesionais asociados a AGANE e principais hospitais públicos, organizados por provincia.
A Coruña


Asociación Down Coruña
Avenida de Pedralonga, 74-A, 15009 A Coruña
Cefine Neurología
Avenida Miguel González Garcés, 17, 15174 Culleredo, A Coruña
CHUAC — Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña
Avenida das Xubias, 84, 15006 A Coruña

Clínica Rehasalud
Rúa Castiñeiras de Abaixo, 40, 15006 A Coruña

Dano Cerebral Santiago de Compostela (Sarela)
Rúa Pedro Cabezas González, 3 - Traspaxonal, 15702 Santiago de Compostela
Diversa Neurorrehabilitación
Rúa José Luis Bugallal Marchesi, 9A Baixo, 15008 A Coruña

Hospital Arquitecto Marcide (Ferrol)
Avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol
Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS)
Rúa da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela
Hospital Marítimo de Oza (A Coruña)
As Xubias de Arriba, 1, 15006 A Coruña
Ingenia Neurología
Avenida da Coruña, 6 Baixo Dereita, 15701 Santiago de Compostela

Move On Neurorrehabilitación
Avenida de Oza, 114 Baixo, 15006 A Coruña
Lugo


Hospital Universitario Lucus Augusti (Lugo)
Rúa Doutor Ulises Romero, 1, 27003 Lugo

Ourense

CHUO — Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Rúa Ramón Puga, 54, 32005 Ourense
Hospital de Piñor (Ourense)
Estrada de Piñor, s/n, 32930 Barbadás, Ourense

Impulsa Neuro
Avenida de Celanova, 82 Baixo 5, 32002 Barbadás, Ourense
Pontevedra
Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
Estrada Clara Campoamor, 341, 36213 Vigo
Hospital Montecelo (Pontevedra)
Rúa Montecelo, s/n, 36071 Pontevedra


UARA — Neurorrehabilitación infantil e adultos
Galerías Centro Azul, 14 (Rúa Joaquín Costa, 19), 36001 Pontevedra
Perfil dos asociados
Especialistas do eido sociosanitario que desenvolven o seu labor de forma transversal en entidades sociais, actividades públicas e centros privados.
Faite socio ou socia de AGANE
Se traballas no eido sociosanitario en Galicia e queres formar parte deste espazo de debate, formación e divulgación, podes solicitar a túa incorporación a través do noso formulario.
Solicitar alta como socio/aContacto
¿Traballas no eido sociosanitario en Galicia e queres formar parte de AGANE? Escríbenos ou síguenos nas redes.
